sábado, 21 de enero de 2012

Saia de cotío.

Ola a todos e todas.
Despois de moitas voltas coa cabeciña e mais coa agulla xa temos feita a saia de cotío.
Leva liño fino tinguido de cor tella e o rodo é de liño natural mais basto.

Ten cinco lorzas adornando e complementa ó mandil de liño que xa tiña.
A baixeira é de cadriños marrón e branco.

Agora xa está lista para unha boa muiñeira...
Espero os vosos comentarios. Saudiños.