Ola de novo.
Hoxe traio a camisa de faena. Está feita de liño, que xa sabedes que é o meu tecido preferido para estas prendas.
Púxenlle un bordadiño que remata as lorzas do dianteiro, costas e mangas e tamén adorna o colo e os puños
Fíxena bastante sinxela de liñas, xa que é parte do traxe de cotío do que xa vos amosei a saia e o mandil. Queda pendente o corpiño e xa está o conxunto completo.
Xa me contaredes as vosas opinións. Un saúdo a todos e todas.
No hay comentarios :
Publicar un comentario